O PAZO DA CULTURA DE NARÓN ACOLLE UN CICLO DE MÚSICA GOSPEL OS DIAS 17 E 18 DE DECEMBRO
Actuarán King Gospel Choir e Mississippi Mass Choir, este último xunto coa Xove Banda de Narón.
Narón, 14 de decembro de 2012.- O Pazo da Cultura do Concello de Narón acollerá os días 17 e 18 de decembro un Ciclo de Gospel, protagonizado por dous coros de EEUU.
O luns 17 de decembro, actuará o King Gospel Choir.
Ó día seguinte, martes 18 de decembro, será o turno de Mississippi Mass Choir, que ofrecerá un concerto no que tamén actuará a Xove Banda de Narón.
Os concertos comenzarán ás 20:30 horas. O prezo de venta das entradas é de 9€ para o público en xeral, 5€ a entrada reducida (para usuarios do carne xoven, carne de estudiante, e menores de 14 anos), e 6,30€ para abonados.
O Ciclo de Gospel está organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.