As mámoas
Para contar a historia de Narón habería que falar da cultura propiamente megalítica ou das mámoas, que arrinca dun Neolítico final (do 3.000 ao 2.700 a.C).
As mámoas, herdo quizais dunhas xentes de Oriente, foron inicialmente concibidas comolugares destinados a enterramentos, e concentrábanse tanto en vales coma en outeiros, tanto no interior como na costa. O aspecto de montiños que teñen desde lonxe é o que lles dá nomes como Monte de Nenos ou Montiños de Moura.
Aínda que a actividade agrícola provocou a súa destrución nas áreas dedicadas ao cultivo, quedan en Narón dous campos de mámoas. Un primeiro conxunto con 14 túmulos, situado no cumio do monte de Nenos, e outro nos límites co concello de San Sadurniño. Os dous datan da Idade de Bronce.