O Concello e a Universidade de A Coruña apostan por estreitar a colaboración entre ambas administracións.
Narón, 31 de Xaneiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu hoxe no Concello a visita institucional da Vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres Miño. Este encontro foi valorado de xeito moi positivo polo rexedor de Narón, ó tratarse da primeira visita que se realiza nos últimos cinco anos, se ven é certo que existe un contacto entre ambas institucións a través da Fundación Río do Pozo.
Segundo explicou José Manuel Blanco, neste encontro tratáronse diferentes posibilidades de cooperación entre o Concello e a Universidade, algunhas delas xa existentes, coma a renovación do convenio para a bonificación do Bono-Bus Universitario, que permite que os estudantes de Narón se despracen ó Campus de Ferrol e ó resto de facultades ubicadas nos campus de A Coruña. Actualmente, benefícianse deste convenio unha media de 30 usuarios/as de Narón (que abonan o 50% do billete, mentras que o resto é aportado polo Concello –o 20%- e a Universidade -0 30% restante-).
Tamén houbo tempo para falar de proxectos a desenvolver, coma a adaptación do hospital Novoa Santos a usos universitarios, en virtude dun protocolo de colaboración asinado entre a Universidade de A Coruña (UDC), o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia, no que o Concello de Narón tamén estaría disposto a entrar, tal e como indicou o Alcalde, José Manuel Blanco. “O importante sería firmar un convenio de colaboración no que participásemos os concellos de Ferrol e Narón, ademáis da Universidade” indicou o rexedor, engadindo que “os plans de desenvolvemento da Universidade teñen que ser a nivel conxunto, dando cabida a Ferrol e a Narón”.
Por último, o Alcalde e a Vicerreitora coincidiron en continuar a colaboración para desenvolver programas de emprego ou de formación entre o Concello de Narón e o Campus de Ferrol da UDC.