Os actos conmemorativos inclúen un concurso de Fotografía Turística de O Val, xogos, música, churrascada e a recreación da Lenda da Pena Molexa.
Narón, 20 de Xuño de 2014.- A parroquia de O Val acollerá mañá o acto central da 17ª edición das Lendas da Pena Molexa. A cita será o sábado 21 de xuño, no lugar de Vilasuso (O Val), no que se desenvolverán as seguintes actividades:
*Ás 17:30 horas: Xogos populares (carreiras de sacos, tiro de corda e cortado de troncos) e deporte rural.
*Ás 20:30 horas: Actuación do Grupo de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón.
*Ás 21:00 horas: Churrascada popular con: Churrasco Molexo e Bocata Lopeso.
*Ás 22:30 horas: Actuación de Música Folk a cargo do grupo Chiculate.
*Ás 00:00 horas: Representación das Lendas da Pena Molexa, a cargo do Grupo de teatro de Maiores de O Val, e de veciños/as desta parroquia.
*Ás 00:30 horas: Lumeirada e Actuacion do Dúo Boreal.
Ademáis destes actos, foi convocado o 2º Concurso de Fotografía ‘Parroquia do Val’, para mostrar a riqueza desta parroquia, tanto no seu patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais ou festas populares.