A convocatoria do Programa PEL-Reactiva foi impulsada pola Diputación da Coruña en colaboración co Concello de Narón
Narón, 20 de agosto de 2021. O Concello fixo efectivo o abono de subvencións concedidas ao abeiro do Programa PEL-Reactiva por un importe de 396.640, 38 ¤ que foi distribuído para un total de 217 autónomos/as e empresas beneficiarias, unha vez realizadas as comprobacións técnicas pertinentes.
O Concello de Narón adheriuse ao Programa PEL-Reactiva, impulsado pola Diputación da Coruña, coa finalidade de paliar os efectos que a crise derivada da Covid-19 causou entre autónomos/as e empresas da localidade, tal como fixera anteriormente co Programa Municipal “Narón Impulsa”.