Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROGRAMOU UNHA XORNADA DE PRODUTOS PESQUEIROS INNOVADORES
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou o evento, que incluirá unha degustación de sushi, xunto cun representante da Asociación de Percebeiros de Meirás, Javier Castro
Narón, 10 de xuño de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e Javier Castro, en representación da Asociación de Percebeiros de Meirás, presentaron hoxe a Xornada de produtos pesqueiros innovadores, con degustación de sushi incluída. O edil naronés avanzou que se poden anotar todas as persoas interesadas a través do correo me.mendez@naron.es, donde tamén se ofrecerá información sobre esta convocatoria, que terá lugar o vindeiro 17 de xuño, ás 19.00 horas, nas instalacións da Fundación Terra de Trasancos, no Val. Pita explicou que un experto en elaboración de sushi e outro en calidade e seguridade alimentaria serán as persoas encargadas de expoñer os diferentes requisitos e normativas en vigor para a elaboración de sushi e sashimi. A maridaxe, indicou, realizarase con viños galegos e un dos obxectivos é innovar con produto local na elaboración destas propostas. O representante da Asociación de Percebeiros de Meiras destacou a relevancia desta convocatoria e a aposta do Concello por poñer en valor o sector do mar a través do programa “Narón emprende en azul”. O edil naronés destacou tamén o feito de que é unha iniciativa pensada para aquelas actividades vencelladas co sector pesqueiro e marisqueiro, nas áreas de venda e comercialización, pero que está aberto á cidadanía en xeral. “É moi importante de cara á nova lei de sanidade sobre comercialización de produtos elaborados”, destacou. A convocatoria forma parte das actividades realizadas con cargo ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a Xunta de Galicia e a Consellería do Mar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal