Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ASINOU OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ASOTRAME E A ASOCIACIÓN DE EXALCOHÓLICOS FERROLTERRA
O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, destacou o labor destas dúas asociacións con diferentes colectivos
Narón, 29 de agosto de 2022. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, asinou os convenios de colaboración coa Asociación Gallega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame) e a Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra, representadas polos seus respectivos presidentes, Cristina Piñeiro e Miguel Fraga. O Concello destinará á renovación destes dous acordos unha partida que ascende en conxunto a 5.000 euros, tal e como indicou Sánchez Fojo. Na sinatura do convenio con Asotrame Sánchez Fojo estivo acompañado por Cristina Piñeiro e polo concelleiro de Sanidade, Santiago Galego. A través do acordo rubricado con Asotrame continuarase desenvolvendo o programa “Asotrame é saúde: ioga para pacientes e expacientes oncolóxicos e familiares” no municipio. A actividade, tal e como se estipula no convenio, está considerada de interese social de carácter singular dado o colectivo ao que se dirixe. Trátase dunha proposta de balde e pensada para persoas en tratamento e expacientes con calquera tipo de cancro. En canto ao convenio coa Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra –que se asinou de xeito telemático- manterase o programa “Aprende a protexerte fronte á adicción”, para usuarias e usuarios de Narón que se atopen en tratamento ambulatorio na Unidade de Condutas Adictivas con diagnóstico dalgunha adicción compartamental (ludopatía, adicción ás compras…) e adiccións con substancias como o tabaco, o alcohol, hipnosedantes… Sánchez Fojo agradeceu aos representantes de ambas asociacións o traballo que realizan ao longo do ano coas persoas ás que se dirixen os seus programas e animounos a continuar “desenvolvendo un labor que é moi necesario e que grazas ao voso traballo pode axudar a moitas persoas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal