Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "ANIMARÚA" TRAERÁ ESTE DOMINGO Á PRAZA DE GALICIA BAILE, MÚSICA, OBRADOIROS E PRESENTACIÓNS LITERARIAS
O edil de Promoción Económica, David Pita, presentou as actividades que se sucederán ao longo do día
Narón, 15 de decembro de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, avanzou esta mañá a programación de Animarúa Nadal 2022, unha convocatoria que se levará a cabo este domingo, día 18, na Praza de Galicia. “Temos un completo programa con propostas pensadas para persoas de todas as idades que se desenvolverán en horario de mañá e tarde e haberá tamén un sorteo dunha cesta con produtos de Nadal”, indicou. A programación comezará ás 11.45, cunha exhibición de baile da academia Comparte á que seguirán dúas da academia Un Paso Adelante, unha ás 12.30 e outra de UPA Jump ás 17.00. Tamén haberá propostas de animación infantil, unha con Elfos a cargo de Tropa Clauss, ás 13.00, o espectáculo Cantabaila, de temática pirata ás 17.30 e obradoiros de maquillaxe e tatoos de purpurina dende as 18.45 horas. O apartado literario tamén estará moi presente neste evento, concretamente en horario de tarde, a partir das 17.00 horas. Tres escritores da comarca presentarán os seus libros nun espazo habilitado para ese fin. Os autores –autopublicados- serán María Isabel Cagiao, que escribiu “Gomets I” e “Gomets II”; Juan Galán, autor de “Romanza de los naranjos en flor” e “El eco de tu voz” e Isabel Ramos, que escribiu “Hasta el infinito y más allá”. Finalmente terá lugar o concerto do grupo musical The Cruze, que versionará temas rock das décadas dos 70, 80 e 90 a partir das 20.00 horas. Entre todas as persoas que acudan ao concerto sortearase unha cesta con produtos de Nadal. “Animamos ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a achegarse a Narón para desfrutar desta xornada que organizamos un ano máis e que confiamos en que sexa do seu agrado”, asegurou Pita.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal