Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CIDADE ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A "XII XORNADA MOTEIRA SOLIDARIA" CUNHA RUTA E A VISITA DE PAPÁ NOEL NA PRAZA DE GALICIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou a xornada co edil de Deportes, José Oreona, e José López Quintián e José Luis Bouza, presidente e secretario respectivamente do Moto Club Fojeteiros
Narón, 15 de decembro de 2022. A cidade acollerá o vindeiro sábado, día 17, a XII Xornada Moteira Solidaria, coorganizada polo Concello e o Moto Club Fojeteiros. A alcaldesa, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, José Oreona, e o presidente e o secretario do Moto Club Fojeteiros, José López Quintián e José Luis Bouza, respectivamente, presentaron hoxe o evento, unha das citas máis consolidadas no programa navideño da cidade. A convocatoria dará comezo ás 16.30 horas e na mesma participarán moteiros de Narón e doutros concellos. A ruta partirá ás 16.30 horas da Praza de Galicia, para realizar un percorrido cara á zona de Santa Icía, A Gándara e regresar á estrada de Castela ata Xuvia, dando a volta no antigo Concello para regresar á Praza de Galicia, donde chegarán con Papá Noel, que recibirá aos nenos e nenas ás 17.30 horas baixo a carpa alí instalada. Os moteiros que acodan con vestimentas propias do Nadal recibirán unha consumición de balde e por cada quilo de alimentos non perecedoiros ou un xoguete que entreguen os asistentes para doar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón tamén se poderá degustar de balde un chocolate. Así mesmo, tamén se recollerán nun punto habilitado na Praza de Galicia roupa, xoguetes e alimentos non perecedeiros que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, dende donde se atende a familias vulnerables. Haberá animación infantil, obradoiros de pintacaras e, durante a tarde actuará na Praza de Galicia o dúo Os Jarabetas. A Asociación de Comerciantes de Narón colabora neste evento solidario, ao que dende a organización animan a asistir para desfrutar dunha das propostas navideñas que se desenvolverá na cidade esta semana.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal