Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLE DÚAS EXPOSICIÓNS DA ASOCIACIÓN CULTURAL ASCM E SAÚDE MENTAL FERROL, EUME E ORTEGAL
A mostra poderá visitarse ata o día 30 de decembro, tal e como indicou a edil responsable do Servizo Sociocomunitario, Mercedes Taibo
Narón, 16 de decembro de 2022. O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acolle ata o 30 deste mes dúas exposicións artísticas cedidas pola Asociación Sociocultural ASCM e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. A concelleira responsable do Servizo Sociocomunitario de Narón, Mercedes Taibo, recordou que as mostras forman parte dos actos conmemorativos do Día dos Dereitos Humanos e animou á cidadanía a achegarse a velas antes de finais de ano. “Camiño da inclusión” é a exposición cedida pola ASCM, que está integrada por unha vintena de imaxes sobre a peregrinación que realizaron en cadeira de rodas membros da entidade polo Camiño Inglés, dende Ferrol ata Santiago de Compostela. En canto á mostra cedida por Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, está composta por varias pezas artísticas realizadas nos obradoiros ocupacionais da entidade. Cadros pintados a man, roupa feita a ganchillo e calceta, manualidades… forman parte desta exposición. “Quero agradecer ás dúas asociacións a cesión destas mostras para que poidan chegar a todas as persoas interesadas, ofrecendo un espazo para amosar parte das súas actividades e traballos”, subliñou Taibo. A concelleira asegurou que a través destas mostras “queremos poñer en valor o labor que desenvolven as entidades que traballan con e para as persoas con diversidades e tamén o seu compromiso para seguir avanzando cara a unha sociedade plenamente inclusiva, un obxectivo no que tamén continuamos traballando día a día dende o Concello naronés”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal