Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA EN SANTA ICÍA PARA REPARAR UNHA FUGA DETECTADA NA REDE
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, indicou que os traballos darán comezo hoxe ás 22.00 horas e está previsto que rematen nunhas tres horas
Narón, 29 de decembro de 2022. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou que esta noite, ás 22.00 horas, procederase a cortar o subministro de auga durante un prazo de tres horas, aproximado, para subsanar unha fuga detectada á altura da ponte de Santa Icía. O edil naronés explicou que o corte afectará ás vivendas e establecementos ubicados na avenida Santa Icía (lado par) e nas rúas Pascual Veiga, San Carlos, María Mariño, Crego Merino, Duque de Rivas, Bon Xesús, Clara Corral, Padre Feijoo, Empecinado e o Camiño Roibo. Dende o Consistorio solicítanse de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal