Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA CABALGATA DE REIS
A Cabalgata terá lugar o día 5 de xaneiro pola tarde, con saída da zona de Xuvia e a recepción aos Reis Magos na Praza de Galicia
Narón, 29 de decembro de 2022. O Concello abrirá mañá ás 8.00 horas (ata o 2 de xaneiro ás 12.00 horas) o prazo para participar na Cabalgata de Reis, que se celebrará o vindeiro xoves, día 5, na cidade. Establecéronse dúas opcións: participar como paxes, para o que as nenas e nenos deberán ter entre 12 e 16 anos e cubrir por parte do seu pai, nai ou titor. Para esta opción, haberá un total de nove prazas, tres para cada unha das carrozas nas que irán os Reis Magos. A Cabalgata de Reis sairá de Xuvia ás 17.30 horas en dirección á Praza de Galicia, onde será a recepción oficial a Melchor, Gaspar e Baltasar. Así mesmo, haberá opción para que poidan inscribirse como grupos noutras carrozas os menores de 3 a 12 anos, que deberán ir sempre acompañados dunha persoa adulta. Neste caso, hai 30 prazas e deberán anotarse sempre unha persoa adulta cun máximo de tres menores. Ademais do modelo de solicitude tamén se deberá cubrir neste caso o Anexo I dispoñible na Sede Electrónica (será preciso cumplimentar tantos anexos como menores vaian en cada grupo). As inscricións para os paxes poden tramitarse a través do enlace: https://goo.su/iREqc e as dos grupos no enlace: https://goo.su/bEjeqMz. O sorteo das prazas realizarase o vindeiro 2 de xaneiro ás 13.00 horas no Concello. As solicitudes para ambos casos están dispoñibles na Sede Electrónica, podendo descargarse para entregar no Rexistro Municipal ou ben tramitalas electronicamente na propia Sede.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal