Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RESTRICIÓNS NO TRÁFICO RODADO MAÑÁ NUN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA POLA CELEBRACIÓN DE "A TRINTAEUNDOCE", A SAN SILVESTRE DE NARÓN
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, avanzou que as restricións se aplicarán entre as 16.00 e as 17.30 horas aproximadamente
Narón, 30 de decembro de 2022. A celebración, mañá pola tarde, da segunda edición de “A Trintaeundoce”, a San Silvestre de Narón, implicará unha serie de restricións no tráfico rodado mentres se desenvolva a proba nun tramo da estrada de Castela, concretamente o comprendido entre a Residencia San José de Piñeiros e a glorieta de Freixeiro. Dende as 16.00 ata as 17.30 horas permanecerá cortada ao tráfico, establecéndose unha serie de desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados e con indicacións de persoal de Protección Civil, tal e como indicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero. Un total de 538 persoas participarán neste evento organizado polo Concello e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón. A saída e meta fixáronse nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, e establecéronse varias categorías, con diferentes horarios de saída. As Master (1986 e anteriores) e Senior (2006-1987), sairán ás 16.45 horas para percorrer un tramo de 3.112 metros; Promoción (2013-2007), con saída ás 16.30 para un tramo de 1.556 metros e Pitufos (2004 e posteriores) que sairán ás 16.20 e horas e percorrerán 300 metros. Dende o Concello solicítanse desculpas de antemán polas posibles molestias ocasionadas coas restricións que se levarán a cabo para ofrecer seguridade durante a celebración da San Silvestre naronesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal