Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E MEDIO AMBIENTE NO SECTOR NAVAL
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que se ofertan un total de vinte prazas
Narón, 24 de febreiro de 2023. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura, o vindeiro luns días 27, do prazo de inscrición nun curso de Prevención de riscos laborais e medio ambiente no sector naval. A convocatoria diríxese a un máximo de vinte persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, se ben poden apuntarse persoas desempregadas maiores de 18 anos doutros concellos que accederán á acción formativa no caso de non cubrirse todas as prazas con persoas de Narón. Está previsto que o curso se desenvolva do 16 ao 24 de marzo deste ano. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo dende o día 27 ás 8.30 horas ata o día 3 de marzo ás 13.30 horas a través do Rexistro xeral do Concello, da Sede Electrónica de Narón –donde se poden descargar as inscricións- ou dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A duración do curso será de 16 horas e quince máis de módulos adicionais, que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, en horario de mañá. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde laboral; Riscos de seguridade ligados á área de traballo, equipos de protección persoal, ergonomía, riscos específicos do sector naval, requisitos legais básicos que afectan á nosa actividade, almacenamento de substancias, segregación de residuos e actuacións ante derrames incidentais forman parte dos contidos que se abordarán no curso, cun total de 16 horas. A maiores, realizaranse 15 adicionais sobre módulos transversais de orientación, igualdade e emprendemento, tal e como explicou Hermida. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no rexistro e as persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse á web do Concello –www.naron.es- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal