Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 216.000 EUROS ÁS OBRAS DOS ESTACIONAMENTOS DE PROXIMIDADE DE PIÑEIROS E A GÁNDARA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o feito de habilitar en conxunto 155 novas prazas de estacionamento en zonas moi poboadas e próximas a servizos e instalacións municipais
Narón, 25 de febreiro de 2023. O Concello continúa avanzando na habilitación de estacionamentos disuasorios. Así o destacou a alcaldesa, Marián Ferreiro, tras anunciar que esta mesma semana comezaron os traballos que permitirán construir o proxectado en na Gándara e que simultáneamente se executarán as obras do previsto en Piñeiros. “Licitamos estas dúas actuacións en preto de 216.000 euros, unha contía que nos permitirá poñer a disposición da cidadanía un total de 155 prazas de estacionamento para vehículos lixeiros que se suman ás preto de duascentas xa operativas en Xuvia, no Ponto e na Solaina”, subliñou Ferreiro. As xestións realizadas dende o goberno local, explicou a rexedora, permitiron adquirir ou negociar a cesión do solo necesario para habilitar os novos estacionamentos de proximidade. No caso do da Gándara habilitarase en terreos de titularidade privada localizados na zona urbana tras chegar a un convenio de uso cos propietarios dos mesmos. A superficie do aparcadoiro será duns 4.000 metros cadrados e terá acceso dende a rúa Bispo Argaya e a rúa Colmeote. Ao igual que acontece no caso de Piñeiros, localízase nun entorno moi poboado, próximo a dous colexios, dúas escolas infantís, o Complexo polideportivo municipal da cidade e a praza da Gándara. Así mesmo, en Piñeiros ocupará unha superficie de algo máis de 2.000 metros cadrados, con entrada e saída de vehículos pola avenida Miguel de Cervantes. “O Concello adquiriu os terreos necesarios para este aparcamento, entre a rúa Miguel de Cervantes e o campo de fútbol do Cadaval”, indicou. No barrio de Piñeiros ampliaranse as prazas de estacionamento nunha zona próxima ao campo de fútbol e tamén á escola infantil, locais socioculturais e nunha zona con elevada densidade de poboación. En ambos casos os traballos completaranse, tal e como figura no proxecto, coa sinalización vertical e horizontal de prazas, accesos… “A comezos do verán estarán plenamente operativos estes dous novos estacionamentos de proximidade, un servizo que dende o goberno local consideramos moi necesario na cidade e que funciona dun xeito óptimo nos tres casos que se manteñen operativos, Xuvia, A Solaina e O Ponto. “A humanización dos barrios pasa tamén por mellorar a mobilidade do parque automovilístico, polo que a rede de aparcamentos continúa medrando a medida que avanzamos nesa liña de futuro para a cidade”, recalcou Ferreiro.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal