Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NA CONVOCATORIA DUN CURSO DE MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, avanzou que o curso se desenvolverá en quenda de tarde
Narón, 28 de febreiro de 2023. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá o vindeiro mes de marzo, en quenda de tarde, un curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería impulsado a través da Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local (PEL) para persoas en situación de desemprego. O Concello colabora con esta formación poñendo a disposición as citadas instalacións municipais para o seu desenvolvemento, tal e como indicou a concelleira responsable da área de Formación, Natalia Hermida. O alumnado que remate o curso obterá un Certificado de profesionalidade en Montaxe de Mobles e elementos de carpintería de nivel 2, emitido pola Xunta de Galicia e con vixencia en todo o territorio estatal. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en inscribirse poden contactar co Concello, a través do teléfono 981-337700, (extensión 1123) ou no propio entrechán, na oficina da Axente de Desenvolvemento Local. A inscrición é de balde e diríxese a persoas desempregadas que cumpran os requisitos establecidos no proxecto, que terán dereito a percibir unha axuda económica baixo o concepto de estímulo e motivación para a participación nos itinerarios de inserción laboral. A maiores de ofrecer unha titulación oficial, prácticas en empresas e opción a bolsa esta formación conta tamén cunha serie de módulos complementarios, como ecodeseño, economía circular, restauración de mobles e emprendemento para pequenas empresas do rural, así como visitas a empresas e feiras, complementando o seu contido e ofrecendo unha formación moi completa ao alumnado.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal