Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES UN PLENO PARA DESIGNAR AOS PRESIDENTES E VOGAIS DAS MESAS PARA AS ELECCIÓNS LOCAIS
Nos comicios do vindeiro mes de maio haberá cambios na ubicación dos colexios electorais de Pedroso, O Val e Piñeiros
Narón, 26 de abril de 2023. O Concello acollerá o vindeiro martes 2 de maio, ás 9.30 horas, un pleno extraordinario para proceder ao sorteo dos membros das mesas para as eleccións locais que se celebrarán o 28 de maio (presidentes, vogais primeiros e segundos e os suplentes). As persoas seleccionadas recibirán unha notificación no seu domicilio e no caso de non poder ocupar o posto o día das eleccións deberán xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona de Ferrol, ubicada no edificio do Xulgado, na rúa Coruña. Así mesmo, dende o Concello recórdase ás veciñas e veciños da cidade e ao resto de persoas interesadas do cambio dalgúns colexios electorais, como o de Pedroso que pasa a ser no centro cívico; O Val, no local social da parroquia e Piñeiros, que será no pavillón do colexio. As persoas interesadas en consultar a totalidade dos colexios poden facelo a través da web do Concello.
Descarga de archivos
Colegios electorales
Tamaño:34,06 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal