Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O IES AS TELLEIRAS ACOLLEU ONTE A SESIÓN "DOS VIDEOXOGOS ÁS APOSTAS. XOGO OU ADICCIÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, acudiron á convocatoria, aberta á cidadanía
Narón, 26 de abril de 2023. O salón de actos do IES As Telleiras acolleu onte a sesión “Dos videoxogos ás apostas. Xogo ou adicción”, enmarcada no programa municipal de Prevención de ludopatías en menores. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, acudiron á convocatoria, que deu comezo ás 16.30 horas e que estivo aberta á participación da cidadanía en xeral. No transcurso da convocatoria, Anabel Mosquera, pedagoga experta en adiccións, abordou a importancia de identificar os riscos e a importancia de axudar aos menores a controlar o tempo de uso das novas tecnoloxías. As familias que participaron interactuaron durante toda a sesión, intercambiando impresións sobre esta temática, na que se presentaron tamén os resultados dun estudo sobre “Adolescentes, tecnoloxía, saúde e convivencia” realizado pola Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela o pasado ano. Do mencionado informe despréndense datos como que o 90% dos menores teñen consola e a primeira aos 8 anos, que o 49% xogan con xogos non adaptados á súa idade e que as utilizan de media unhas nove horas á semana, se ben un 7,5% recoñeceu usalas máis de 30 horas nese mesmo tempo. Os participantes analizaron tamén datos como o feito de que en relación ao acoso escolar hai o dobre de agresores entre os consumidores de videoxogos violentos e outros como que ese gran consumo inflúe en hábitos de vida como un maior consumo de bebidas enerxéticas e sobrepeso, peores hábitos de sono… Dende o Concello destacouse a importancia de continuar organizando convocatorias como as de onte, nas que ofrecer información e ferramentas á cidadanía que poidan previr condutas adictivas, un problema real na nosa sociedade e que cada vez afecta a máis menores.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal