Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS LOCAIS SOCIAIS DE SAN MATEO, O VAL E PIÑEIROS ACOLLEN DENDE ESTE MES OS OBRADOIROS DE ARTE FLORAL IMPULSADOS DENDE O PADROADO DA CULTURA
A actividade organízase cada ano con motivo da celebración dos Maios, tal e como recordou a edil de Cultura, Olga Ameneiro
Narón, 27 de abril de 2023. Unhas doce mulleres participaron onte no obradoiro de arte floral iniciado no centro cívico social de San Mateo con motivo da celebración dos Maios. O Padroado da Cultura organiza un ano máis estas convocatorias que se imparten tamén dende esta semana nos centros cívicos sociais do Val e Piñeiros e que rematarán a finais de maio, tal e como explicou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro. Unha persoa especializada nestas técnicas e no mundo da floristería en xeral, Verónica Lago, encárgase de impartir as dez horas que duran estes obradoiros –dúas horas por xornada- e explicarlles como realizar ramos e centros florais, as diferentes técnicas, opcións de combinación de flores, como realizar un ramo en función do destinatario ou destinataria do mesmo… As mulleres que participaron no obradoiro atenderon as explicacións que lles ían dando para posteriormente proceder a realizar, coa súa axuda, os seus propios ramos e centros florais. Os obradoiros de arte floral impártense os luns en Piñeiros, os martes no Val e os mércores en San Mateo, en todos os casos dende as 17.00 ata as 19.00 horas. As participantes podrán levar algún dos ramos elaborados nestes obradoiros á exposición que con motivo da celebración dos Maios se levará a cabo o día 6 do mes que vén na Praza de Galicia. Na citada ubicación tamén haberá un obradoiro de arte floral aberto á participación da cidadanía, tal e como avanzou a concelleira de Cultura. “Un ano máis apostamos por ofrecer ás entidades veciñais da zona urbana e rural estes obradoiros de arte floral, co fin de que poidan aprender a realizar diferentes composicións coa axuda de persoas especializadas neste traballo”, asegurou a edil. A concelleira naronesa destacou que se trata dunha iniciativa que ten moi boa acollida e destacou a implicación das entidades veciñais con esta proposta do Padroado da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal