Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE Á PRAZA DA GÁNDARA CON MOTIVO DA "PERFORMANCE" ORGANIZADA CO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Marián Ferreiro felicitou ás participantes trala actuación, que tamén presenciaron as edís de Benestar Social e Igualdade, Mercedes Taibo e Mar Gómez
Narón, 27 de abril de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Benestar Social e Igualdade, Mercedes Taibo e Mar Gómez, respectivamente, desprazáronse este mediodía á Praza da Gándara con motivo da performance que se levou a cabo en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A rexedora local felicitou ás mulleres que participaron neste evento, inscritas no obradoiro “Apodérate”, impulsado dende o Concello. “A actividade de hoxe remata un programa a través do que se tratou de concienciar sobre a sustentabilidade da auga, a súa importancia no noso día a día e, polo tanto, de coidala como un dos recursos máis prezados”, subliñou Ferreiro. A alcaldesa e as edís naronesas conversaron coas participantes neste evento e sacaron unha fotografía de grupo ao remate da performance, que tamén presenciaron veciñas e veciños que se achegaron á Praza da Gándara. As mulleres que protagonizaron esta actividade, de entre 30 e 57 anos, tiveron hoxe unha sesión de catro horas na que prepararon esta iniciativa, acompañada por música.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal