Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESIDIU UNHA XUNTANZA CON REPSONSABLES DE CORREOS PARA ABORDAR OS PROBLEMAS DENUNCIADOS POLO PERSOAL DO SERVIZO NA CIDADE
Marián Ferreiro estivo acompañada na reunión polos voceiros de TEGA, PP e BNG
Narón, 28 de abril de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu hoxe unha reunión con Silvia Villar e José Luis Varela, xefa de sector e xefe de dimensionado respectivamente da empresa Correos, na que participaron tamén os voceiros de Terra Galega, Román Romero; PP, Germán Castrillón e BNG, Olaia Ledo. Ferreiro, que solicitou a xuntanza tras recibir a comezos deste mes a representantes do persoal de Correos en Narón, trasladoulles os problemas sobre os que informou o plantel, sobre a falta de persoal, o incremento do traballo e o retraso nas entregas. Os responsables de Correos manifestaron que se está levando a cabo unha reorganización do servizo e indicaron que non se incrementou a carga de traballo ao baixar nos últimos anos os envíos de comunicacións por carta. Trala reunión, Ferreiro valorou positivamente a celeridade na que se concertou esta reunión que se comprometera a solicitar e manifestou o seu desexo de que ambas partes poidan abordar conxuntamente a situación que atravesa a empresa na cidade e que a reestruturación dea resultado. A rexedora local incidiu na importancia de que eses resultados redunden en que as veciñas e veciños dispoñan dun servizo nas condicións óptimas e que o persoal poida desenvolver o seu traballo tamén nas mellores condicións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal