Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE PÚBLICO NA SEGUNDA EDICIÓN DA FEIRA DE CAPTACIÓN DO TALENTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, acudiu á convocatoria e presenciou a ponencia do empresario Emilio Duró
Narón, 29 de abril de 2023. O empresario Emilio Duró impartiu hoxe unha conferencia no transcurso da segunda edición da Feira de Captación do Talento. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acudiu á convocatoria acompañada por edís do goberno local e presenciou a charla, na que se abordaron numerosos temas e o ponente interactuou en todo momento co público asistente. Os motivos polos que fracasa a xente na vida, quen nos puxo medo, o perigo dos egos, de que depende o éxito… foron algúns dos temas abordados. “Cando chegas a vello sabes que todo é etéreo”, asegurou Duró, que incidiu en que “gran parte da nosa vida depende dos estados de ánimo” e no feito de que “vivindo cen anos os problemas na vida non son racionais, vivindo cen anos non fracasamos por coñecementos senón por emocións”. Na súa interención asegurou tamén que “a nosa mente non está preparada para ser feliz, está preparada para sobrevivir” e que “calquera sociedades en un tipo de orde desaparece”. O empresario aproveitou a súa ponencia para ofrecer algunas recomendacións, como que “comezar o día facendo algo que nos saia ben cámbiache a vida”. A Feira de Captación do Talento continuará esta tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Entre as intervencións previstas está a da vicereitora de estudantes e inclusión na UNED Ana Lisbona, que dará comezo ás 17.30, e na que falará sobre a actitude ante os problemas. Ao longo da tarde intervirán tamén neste evento representantes da Asociación Jóvenes Empresarios, ElectroRayma, Academia Postal, Asociación de Empresarios Ferrolterra, Mulleres Ártabras, J. Rilo e a Asociación de Comerciantes de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal