Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO DE PAPAVENTOS DIRIXIDO A MENORES
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que se trata dunha actividade de balde que require inscrición previa
Narón, 19 de maio de 2023. O Concello organizou, a través do Servizo de Normalización Lingüística, no marco do proxecto Guizo, un obradoiro de papaventos dirixido a menores de 6 a 12 anos e as súas familias. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, que avanzou que a convocatoria se desenvolverá o vindeiro 27 de maio ás 11.00 horas no centro cívico social do Couto. Durante aproximadamente dúas horas as persoas que participen aprenderán a construír e voar un papaventos. En total ofértanse quince prazas para menores, que deberán estar acompañados dunha persoa adulta. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, día 22, ás 10.00 horas e as prazas cubriranse por estrita orde de inscrición. A actividade é de balde e é necesario anotarse escribindo un correo electrónico á dirección: a.pita@naron.es, indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno, o da nai, pai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal