Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE POSTOS ABRIRÁN ESTA TARDE AO PÚBLICO NA SEGUNDA EDICIÓN DO MERCADO ANCESTRAL DE PEDROSO
A concelleira de Feiras e Festas, Natalia Hermida, animou á cidadanía a visitar este evento durante a fin de semana
Narón, 19 de maio de 2023. Os postos instalados no Mercado ancestral de Pedroso abrirán esta tarde ao público ás 17.00 horas. As inmediacións do local da Sociedade Cultural A Pombiña, da citada parroquia, acollerán a que é xa a segunda edición deste evento, organizado polo Concello e a citada entidade. Unha trintena de postos de venda de diferentes artículos, de alimentación, música e espectáculos centran un amplo programa que se desenvolverá dende hoxe e tamén nas xornadas do sábado e o domingo, cando se poderá visitar de 11.00 a 15.00 e dende as 17.00 ata as 23.00 horas, tal e como recordou a concelleira de Feiras e Festas, Natalia Hermida. Espectáculos acrobáticos, circenses, actuación de faunos, música ancestral e personaxes como minotauros forman parte das propostas que poderán ver pola zona do mercado as persoas que se acheguen esta fin de semana a Pedroso. Ademais, terán a oportunidade de degustar nas tabernas instaladas na zona crepes, bolos preñados e outras propostas culinarias cociñadas para a ocasión. Entre a oferta de postos tamén haberá outros de venda de produtos doces, churros, alimentos e pan, entre outros, e de venda de artículos de bisutería, roupa, pezas de coiro, xoguetes, etc. Así mesmo, poderanse ver obradoiros de oficios, con profesionais que tallan madeira e mesmo construirán unha gaita dende o inicio do proceso, ensinándollo a todas as persoas que estean interesadas. As nenas e nenos contarán tamén con espacios propios, como atraccións infantís e uns espazos nos que se desenvolverán ao longo da fin de semana varios obradoiros, que non precisan inscrición previa e serán de balde.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal