Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS VALES COAS DEZ VIAXES SORTEADAS A TRAVÉS DA CAMPAÑA MUNICIPAL "MERCA EN NARÓN"
A concelleira de Promoción Económica, Natalia Hermida, entregou os premios acompañada por María Yáñez e Vanesa Maseda, integrantes da directiva da Asociación de Comerciantes de Narón
Narón, 29 de maio de 2023. A concelleira de Promoción Económica, Natalia Hermida, xunto con María Yáñez e Vanesa Maseda, da directiva da Asociación de Comerciantes de Narón, entregaron os vales correspondentes ás viaxes sorteadas a través da campaña “Merca en Narón”, organizada polo Concello e na que colaborou a Asociación de Comerciantes de Narón. A iniciativa desenvolveuse do 2 ao 12 deste mes e con cargo á mesma, a través de boletos de “rasca e participa” entregáronse 8.000 premios directos. A maiores, sorteáronse dez viaxes de fin de semana, valoradas en cen euros cada unha, que se entregaron xa aos gañadores das mesmas. No acto de entrega participaron en representación da directiva da ACN María Yáñez e Vanesa Maseda. Paula Seoane, Leopoldo González, Montserrat Ríos, Carlos López, Juana Muíños, Soraya da Silva, José Prieto, María Luz Fernández, María Elvira Regueira e Maite Fernández, resultaron agraciados coas viaxes polas compras que realizaron nos establecementos da cidade adheridos a esta campaña, preto de oitenta. Na campaña entregáronse aos comercios 34.000 boletos con premios directos, entre eles tarxeteiros, bolígrafos, chuvasqueiros, tazas, xogos de mesa, xogos de palas de praia, bosas reutilizables… A maiores de obter eses premios a clientela optou aos vales das viaxes, depositando o boleto nunha urna que se colocou en cada establecemento participante e cuxas papeletas entraron no sorteo final realizado no Concello. A edil de Promoción Económica felicitou aos gañadores e gañadoras das viaxes en particular e, en xeral, “a todas esas persoas que día a día realizan as súas compras nos comercios locais de Narón, que ofrecen unha gran variedade de productos, de calidade e un trato persoalizado”. Así mesmo, destacou a importancia do comercio e a hostalería locais para dinamizar e impulsar os barrios e a cidade en xeral. Hermida recalcou tamén “a colaboración que sempre nos presta a Asociación de Comerciantes de Narón ás iniciativas impulsadas dende o Concello e tamén a súa disposición para organizar outras dirixidas ao seu propio sector”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal