Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A CONFERENCIA "SAÚDE MENTAL NA ACTUALIDADE"
O concelleiro en funcións de Sanidade, Manuel Ramos, recordou que a convocatoria dará comezo ás 11.00 horas
Narón, 14 de xuño de 2023. O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este sábado, ás 11.00 horas, a última das conferencias enmarcadas no programa municipal de Prevención da depresión e mellora da saúde mental. O concelleiro en funcións de Sanidade, Manuel Ramos, informou que a última conferencia do ciclo abordará o tema da “Saúde mental na actualidade: invalidación, esixencia e positivismo tóxico”. A psicóloga Paula Marín, tamén directora da clínica do seu mesmo nome, será a encargada de impartir a citada conferencia, de acceso libre ata completar a capacidade da sala. As persoas que acudan terán a oportunidade de realizar as preguntas que consideren oportunas sobre a temática a tratar na conferencia. Ao final da intervención de Paula Marín presentarase a Guía de recursos para a saúde mental, un traballo elaborado para o Concello no marco deste mesmo programa municipal e que ofrece información sobre saúde mental e tamén ferramentas e recursos a disposición da cidadanía sobre esta área, tal e como apuntou Ramos. “A saúde mental é cousa de todos e todas” é o lema deste programa, que tivo un gran éxito de acollida entre a cidadanía.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal