Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OITO EDÍS DA CORPORACIÓN LOCAL DESPEDÍRONSE NO ÚLTIMO PLENO DO MANDATO CELEBRADO ESTA MAÑÁ NO CONCELLO
As concelleiras e concelleiros que deixan a corporación desexaron moitos éxitos ao edís do vindeiro mandato
Narón, 14 de xuño de 2023. O salón de plenos acolleu hoxe, ás 10.00 horas, a última sesión do mandato, na que se procedeu a aprobar como único punto da orde do día a acta da sesión anterior. A continuación a alcaldesa en funcións, deu a palabra aos edís que se despediron da corporación local: os socialistas Santiago Galego, David Pita e Catalina García; os edís populares Javier Pereira, Marcos López, Mar Blanco, Estrella Castrillón e finalmente a concelleira de Terra Galega Mercedes Taibo. Os agradecementos ás compañeiras e compañeiros de corporación, ao persoal funcionario e de empresas externas, asociacións, familiares e amizades centraron as diferentes intervencións plenarias. Santiago Galego asegurou que para el foi un orgullo “estar estes catro anos como concelleiro” e que “seguiremos mirando polo ben das veciñas e veciños de Narón". A continuación, tamén David Pita aludiu ao orgullo desta etapa e comprometeuse a “continuar traballando como ata agora para seguir vendo medrar Narón”. Nas filas socialistas, pechou as intervencións Catalina García, que se despediu dunha etapa iniciada hai dezaseis anos e recalcou ao inicio que “non foi a veciñanza a que nos apeou do Concello”. Tivo a edil palabras de recordo para o exvoceiro, Octavio Dopico, e os seus compañeiros, David e Santiago e tamén para a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o exalcalde, José Manuel Blanco “porque nos momentos máis duros por temas persoais sempre estiveron aí”. A súa nai, a parella e o seu fillo ocuparon tamén un lugar destacado na súa intervención. “Marcho coa cabeza alta e o sentimento de levar digna a conciencia, con lealdade sobre todo a min mesma”, afirmou García. En canto ás intervencións dos edís populares, Javier Pereira tamén agradeceu á cidadanía a súa confianza e comprometeuse a continuar traballando por Narón. A continuación, Marcos López indicou que para el foi “un honor” ser concelleiro en Narón e defender os intereses da veciñanza neste tempo no Consistorio. A edil Mar Blanco recoñeceu despedirse cun sabor “agridoce” pero “orgullosa de que nos elixiran hai catro anos as veciñas e veciños” para continuar destacando o labor de Marián Ferreiro, “por conseguir manter un ambiente agradable e cordial neste pleno”. Finalmente, a tamén edil popular Estrella Castrillón asegurou que foi “un pracer” desenvolver o seu labor como concelleira e tivo tamén palabras de agradecemento para os compañeiros e compañeiras. Os representantes da corporación local que non regresarán no novo mandato coincidiron tamén en desexar moita sorte e éxitos á nova corporación local, que se constituirá no pleno que se celebrará este sábado, día 17, ás 12.00 horas no salón de plenos. A sesión plenaria pechou trala intervención da alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, que recoñeceu o labor de todas as compañeiras e compañeiros e mencionou especialmente aos tres edís socialistas, socios de goberno durante os últimos catro anos, “polo esforzo que fixestes para sacar adiante as vosas áreas”. A mención especial de Ferreiro, foi para a edil de Terra Galega Mercedes Taibo, compañeira de partido que abandona a primeira liña política e á que hoxe en público, tras facelo en varias ocasións en privado, lle dixo que a ía “botar de menos moito no día a día”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal