Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA AECC PARA DECLARAR A COSTA ÁRTABRA "ESPAZO SEN FUME"
Marián Ferreiro asinou o acordo acompañada polo edil en funcións de Sanidade, Manuel Ramos, e representantes na zona da AECC
Narón, 15 de xuño de 2023. A alcaldesa en funcións da cidade, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración no proxecto “Espazos sen fume” con representantes na zona da Asociación Española contra o Cancro, presidida por Manuel Luis Aguilar. No acto celebrado esta mañá no concello estivo tamén presente o concelleiro en funcións de Sanidade, Manuel Ramos. En base a este acordo a Costa Ártabra, un espazo natural que percorre superficie de Narón, Valdoviño e Ferrol, formará parte dos Espazos libres de fume, coa finalidade de mellorar a calidade de vida relativa á saúde de toda a comunidade e aumentar a calidade ambiental da nosa contorna, tal e como se recolle no convenio. Os espazos libres de fume melloran a saúde do conxunto de fumadores activos e pasivos, polo que esta medida incrementará a nosa calidade de vida. O acordo asinado hoxe non conleva contraprestación económica para as partes, tendo como obxectivo principal difundir hábitos de vida saudables. Por este motivo, o Concello naronés colaborará na difusión da campaña de prevención da Asociación Española contra o Cancro para visibilizar a condición de Espazos sen fume dos establecementos ou instalacións públicas. Pola súa banda, a AECC comprométese a facilitar recursos e ferramentas destinadas a sinalizar que as instalacións citadas son Espazos sen fume, así como formación, divulgación de prevención do tabaquismo, entre outros. Ferreiro e Ramos conversaron cos representantes da Asociación Española contra o Cancro, da que destacaron o labor de todas as persoas que a integran e colaboran, “co fin de axudar ás persoas afectadas por esta enfermidade e ás súas familias e tamén ao resto da sociedade en xeral en materia de concienciación e prevención”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal