Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALUMNADO GAÑADOR DAS IV OLIMPÍADAS DE SEGURIDADE VIARIA VISITOU AS INSTALACIÓNS DO CIS
O concelleiro en funcións de Seguridade Cidadá, Román Romero, trasladou que a iniciativa tivo un éxito rotundo entre o alumnado e profesorado
Narón, 15 de xuño de 2023. Escolares de quinto de primaria dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros e Virxe do Mar visitaron as instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño, unha iniciativa que forma parte do premio que acadaron na cuarta edición das Olimpíadas de Seguridade Viaria do Concello de Narón, organizadas dende o equipo de Educación Viaria. O concelleiro en funcións de Seguridade Cidadá, Román Romero, asegurou que, tal e como trasladaron dende os propios centros, “a iniciativa foi un éxito rotundo, tanto entre o profesorado como entre o alumnado, polo que estamos moi satisfeitos e tamén agradecidos ao CIS por ofrecernos esta oportunidade”. Ao longo da mañá de onte os escolares gozaron da ciencia e da tecnoloxía no transcurso da visita, que comezou cun show científico a cargo de David Ballesteros, titulado “Ciencia ou maxia” e que consistiu en presentar aos menores un conxunto de experiencias sorprendentes que ata ser explicadas parecen máxicas. Os segredos do lume, fenómenos eléctricos, a importancia da xenética… foron algúns dos temas abordados co profesional. A continuación o alumnado asistiu a dúas actividades: un xogo de pistas no contorno do CIS Tecnoloxía e Deseño para superar retos de carácter científico e outra actividade na que probaron aplicacións, dispositivos e simuladores virtuais e de realidade aumentada desenvolvidos integramente no CIS.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal