Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PERÍODO PARA QUE MENORES DE NARÓN E COMARCA SE INSCRIBAN NAS ÚLTIMAS 25 PRAZAS DOS CAMPAMENTOS CULTURAIS DE VERÁN DO PAZO REMATA MAÑÁ
Un total de 200 prazas das ofertadas a través desta iniciativa xa se cubriron con menores empadroados na cidade
Narón, 15 de xuño de 2023. O prazo de inscrición nos Campamentos Culturais do Pazo da Cultura remata mañá, unha xornada na que se poderán anotar menores censados en Narón pero tamén noutros concellos. A última hora de hoxe, rematadas as inscricións do día, quedaban vacantes un total de 25 prazas: dúas para nenas e nenos de 10 a 12 anos na quenda do 3 ao 14 de xullo e seis prazas, para menores desa mesma idade, na quenda do 17 ao 28 de xullo. Así mesmo, hai vacantes para a quenda do 31 de xullo ao 11 de agosto, en concreto dúas para nenas e nenos de 3 a 5 anos; sete para os de 6 a 9 anos e oito para os de 10 a 12 anos. As persoas que se acheguen a realizar inscricións só poderán facelas de membros da súa unidade familiar. Os Campamentos culturais de verán ofertaron un total de 225 prazas e desenvolveranse do 3 de xullo ao 11 de agosto, en tres quendas con grupos de menores de entre 3 e 12 anos. O prezo por quincena é de 50 euros e as inscricións deben tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura –rúa Holanda s/n- en horario de 9.00 a 13.00.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal