Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E A AVV CEIBE CELEBRARÁN O 24 DE XUÑO UNHA SARDIÑADA E CHURRASCADA EN SAN XIAO CON MAXIA, XOGOS POPULARES E MÚSICA
A programación deseñada para a ocasión desenvolverase en horario de mañá e tarde, con propostas para persoas de todas as idades
Narón, 16 de xuño de 2023. O Padroado da Cultura de Narón e a entidade veciñal “Ceibe” de San Xiao, celebrarán o vindeiro 24 de xuño unha sardiñada e churrascada na que non faltarán os espectáculos de maxia e musicais. A cita desenvolverase nas inmediacións do centro cívico social da parroquia cun amplo programa en horario de mañá e tarde e que inclúe espectáculos de maxia co Mago Antón, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, coa súa proposta “A volta a Galicia en 313 Concellos”. A programación da tarde continuará ás 19.00 horas con xogos tradicionais e populares, ata as 21.00 horas e ás 21.00 comezarán a servirse as primeiras racións de sardiñas e churrasco. O menú, a base de churrasco, criollo, pan e bebidas terá un prezo de 13 euros para os socios e 15 para o resto de comensais e tamén se poderán comer tres sardiñas aboando dous euros. As persoas que se asocien ese mesmo día á entidade no campo da festa poderán pagar o prezo de socio/a. Os tickets para a sardiñada e churrascada popular poden adquirirse de xeito anticipado no centro cívico de San Xiao de martes a domingo, en horario de 17.00 a 22.00 horas, ou chamando ao número de teléfono 692 854 771. Pola noite continuará a celebración con música tradicional, a partir das 21.00 horas a cargo da Charanga Alxibeira e ás 22.00 horas co concerto da agrupación músical galega Lamatumbá.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal