Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE QUINCE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA DA CIDADE PARTICIPAN DENDE HOXE NA RUTA DEGUSTACIÓN DO PEMENTO DO COUTO
A iniciativa desenvolverase do 7 ao 17 de xullo, tal e como indicou a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro
Narón, 7 de xullo de 2023. A concelleira de Promooción Económica, Olga Ameneiro, anunciou o inicio, hoxe, da Ruta degustación do pemento do Couto, unha iniciativa municipal dirixida ao sector hostaleiro da cidade e na que participarán, ata o 17 de xullo, un total de quince establecementos locais. “Coincidindo coa campaña do pemento do Couto retomamos un ano máis esta proposta, que permitirá degustar nos establecementos participantes, tapas elaboradas con pementos do Couto coas consumicións realizadas”, explicou a edil. Ameneiro avanzou que as persoas que desexen probar as diferentes elaboracións desta experiencia gourmet poden facelo nos locais: Nueva Orleáns, El Colonial 1920, Australian, Mamá Flora, Tyché, Casa Sindo, La Continental, O Lugar, La Siete Catorce, Silver, La Perfet@, O Rincón do Trini, no ambigú da Asociación de Veciños Altea, A Roldana e El Olivo Cocina & Bar. “Nestes días teremos a oportunidade de acudir a estes locais para degustar diferentes elaboracións cun dos produtos por excelencia de Narón, o pemento do Couto, cun sabor inconfundible e que está en pleno auxe de produción e comercialización”, recalcou Ameneiro. A concelleira de Promoción Económica, agradeceu de antemán a colaboración de todas as persoas que se adheriron a esta campama e tamén o traballo de todos os produtores e comercializadores que fan posible que poidamos degustar esta hortaliza, cun sabor inconfundible e moi apreciado dentro e fóra da cidade. Coas súas consumicións no citado establecemento a clientela recibirá un vale para o sorteo dunha cea para dúas persoas –sortearase unha en cada local- valorada nun máximo de 100 euros e á que optarán ao cubrir os seus datos persoais e depositar as papeletas nas urnas que se ubicarán en cada local. A edil recordou tamén que mañá se celebrará ás 19.00 horas no local social do Couto un showcooking a cargo do prestixioso cociñeiro Xoanqui Ameixeiras, aberto á asistencia da cidadanía en xeral (ata completar o aforo) e o domingo, a partir das 13.00 horas, a XXIII Festa gastronómica do pemento do Couto, na citada parroquia naronesa.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal