Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SOLICITA COLABORACIÓN CIDADÁ PARA EVITAR OS VERTEDOIROS INCONTROLADOS
O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, recordou os servizos municipais dispoñibles para depositar voluminosos e outros residuos domésticos
Narón, 10 de xullo de 2023. O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, apelou á colaboración cidadá para erradicar no termo municipal os vertedoiros incontrolados. O edil naronés denunciou que nos últimos días se están detectando varios depósitos de voluminosos nas rúas sen tramitar previamente o aviso á compañía que presta o servizo, Urbaser. “Estas actitudes incívicas ocasionan grandes molestias á poboación e supoñen tamén unha agresión ao medio ambiente, polo que entre todas e todos temos que erradicar estas condutas”, recalcou Ramos. O concelleiro recordou que as persoas interesadas en dispoñer do servizo municipal de retirada de voluminosos, sen custe algún para a cidadanía, poden chamar ao número de teléfono 981 391 074, en horario de 08.00 a 18.00 de luns a venres e tamén os sábados de 09.00 a 14.00 horas. O persoal indicaralles, segundo a zona na que desexen retiralos, que día poden despositalos na rúa para proceder á súa correcta recollida e ocasionar as mínimas molestias posibles á veciñanza. Así mesmo, dende O Concello recordouse que a cidade dispón dunhas instalacións do Punto Limpo no polígono de Río do Pozo, onde poden acudir as naronesas e naroneses para depositar –tamén de balde- a maioría dos residuos domésticos. O Punto Limpo permanece aberto de luns a venres entre as 09.00 e as 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 e os sábados de 09.00 a 14.00. A maiores, recalcaron, están operativos os Puntos Limpos de proximidade de Xuvia, O Alto, A Gándara, A Solaina e Piñeiros, nos que se pode depositar roupa e calzado usados, pilas e baterías, pequenos electrodomésticos, fluorescentes e lámpadas, tóner de impresora, tapóns de plástico, CDs e DVDs, entre outros. “Ante esta proliferación de vertedoiros incontrolados e todos os recursos á disposición da veciñanza, queremos facer un chamamento á responsabilidade para que faga uso deses servizos dun xeito idóneo e, ao mesmo tempo, para que no caso de ver condutas inapropiadas dea aviso á Policía Local porque estes actos non deben quedar impunes e, tal e como se recolle na normativa municipal, son sancionables”, apuntou Ramos.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal