Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE RAPACES E RAPAZAS PARTICIPARON ESTE MES NO PROGRAMA MUNICIPAL "AVENTÚRA-T"
O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, destacou o éxito da iniciativa, desenvolvida do 10 ao 15 de xullo
Narón, 21 de xullo de 2023. Unha vintena de rapazas e rapaces de entre 13 e 17 anos participaron este mes no programa municipal Aventúra-T, organizado dende a Concellería de Mocidade, presidida polo edil Ibán Santalla. A iniciativa, segundo apuntou, concebiuse “como unha alternativa de ocio saudable cun carácter lúdico e ao mesmo tempo didáctico e pensado para a mocidade de Narón”. A Casa da Mocidade acolleu a maior parte da programación que se levou a cabo e que tivo unha moi boa acollida entre os participantes na mesma, tal e como asegurou Santalla. Os menores tiveron unha primeira xornada, o día 10 deste mes, de xogos e dinámicas de presentación para iniciar outro tipo de actividades do 11 ao 15, data na que rematou. Un bautismo de surf no veciño concello de Valdoviño, obradoiros de sexualidade, de tuneado de gorras, de crosstraining e gymkana, e unha visita ao parque de aventuras RoqPark, en Viveiro, con visita ao miradoiro de San Roque incluída, completaron a programación deste ano. “O programa Aventúra-T permite favorecer tamén as relacións interpersoais, as actividades en contacto coa natureza, a creatividade das rapazas e rapaces… todos eles obxectivos que se cumpriron con creces neste tempo de lecer activo”, explicou o edil de Mocidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal