Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO ENTROIDO DE VERÁN QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO LUNS NA PRAZA DA GÁNDARA
O evento desenvolverase o día 24 de xullo e inclúe varias propostas para público de todas as idades
Narón, 21 de xullo de 2023. As persoas que desexen participar no Entroido de Verán que organiza a Asociación Sociocultural ASCM, en colaboración co Concello e a Asociación de Veciños da Gándara, dispoñen de prazo para inscribirse ata o vindeiro luns 24 ás 13.30 horas. Ese mesmo día terá lugar o evento, a partir das 16.30 horas e que repartirá 300 euros nun concurso de disfraces, para o que é preciso anotarse a través do código QR do cartaz do evento ou contactando directamente coa ASCM a través dos números de teléfono 981 351 430, 604 055 703 ou do mail info@ascmgalicia.org. Xogos acuáticos, unha concentración de persoas disfrazadas, e un pasarrúas entre as 19.00 e as 20.00 horas da comitiva centran a programación. O percorrido a realizar durante esa hora partirá da praza da Gándara, tal e como indicaron dende a ASCM, e continuará polas rúas Pintor Sotomaior, Nicasio Pérez, Vigo, Concepción Arenal, estrada da Gándara, Ares, estrada do Pavillón, estrada da Gándara de novo e acceso á praza da Gándara pola rúa Pintor Sotomaior. O xurado do concurso de disfraces estará integrado por un representante das comparsas colaboradoras: Argalleiros, Parrandolos e Os Colludos: outro da Comisión de Festas da Gándara e a edil de Festas de Narón, Mar Gómez. A entrega dos premios será ás 20.30 horas e de 20.30 a 21.00 levarase a cabo unha actuación musical. Ademais do Concello de Narón e a AVV da Gándara, colabora nesta convocatoria a administración autonómica, a través do programa Iniciativa Xove.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal