Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA DE SALUBRIDADE PÚBLICA SOBRE A PROHIBICIÓN DE ALIMENTAR ANIMAIS NAS ZONAS PÚBLICAS
O concelleiro de Medio Ambiente e Sanidade, Manuel Ramos, recordou que esta práctica está prohibida por ordenanza municipal
Narón, 16 de agosto de 2023. O edil de Medio Ambiente e Sanidade, Manuel Ramos, anunciou que o Concello levará a cabo unha campaña de salubridade pública na cidade co fin de que os particulares non alimenten aos animais nas zonas públicas, ao estar prohibido especificamente pola ordenanza de Residuos de limpeza viaria. “Ao alimentar sen control aos animais provocamos o deterioro de espazos comúns e privados e xeramos unha serie de problemas de salubridade pública”, indicou Ramos. O concelleiro recordou que “a día de hoxe hai un equipo de persoas voluntarias que colaboran cun proxecto de colonias felinas do Concello, que seguen un escrupuloso protocolo de alimentación para evitar posibles molestias e a proliferación de pragas”. Dende o Consistorio incidiuse en que “non se pode alimentar sen control aos animais, porque iso ademais xera o efecto contrario. Deben ter unha dieta que en ocasións precisa de proteínas que consiguen coa depredación de insectos e que complementan cunha gran variedade de grans, herbas ou baias que obteñen directamente da natureza, non precisando alimentos procesaros elaborados para o consumo humano, que empobrecen a súa alimentación e impiden que busquen aqueles que realmente precisan”. O feito de deixar alimentos á disposición dos animais provoca a atracción a zonas urbanas de especies como pombas e gaivotas, entre outras, que acaban por proliferar, causar danos no patrimonio público e privado e tamén problemas de salubridade. A maiores, incidiuse no feito de que desbotar os residuos de comida polas pilas das cociñas ou polos inodoros, en lugar de no colector do lixo, atrae tamén especies como ratas ou cucarachas ás proximidades das vivendas, debido ao acceso fácil á comida que acaba na rede de saneamento, atraendo a este tipo de animais ás vivendas. A ordenanza municipal contempla sancións de ata 750 euros no caso de incumprimento, tal e como subliñou Ramos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal