Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA SOLICITAR A AUTORIZACIÓN PARA ELABORAR E/OU COMERCIALIZAR A "TARTA DE NARÓN"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, avanzou o proceso para realizar a tramitación
Narón, 18 de agosto de 2023. O prazo de solicitude das autorizacións para a elaboración e comercialización da marca rexistrada “Tarta de Narón” abrirá o vindeiro luns, día 21, na Sede Electrónica do Concello de Narón. Así o avanzou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que informou que este prazo permanecerá aberto de xeito permanente para que tramiten esa solicitude en calquera momento aquelas persoas físicas ou xurídicas interesadas e que cumpran os requisitos establecidos. No caso da autorización para a elaboración da tarta, é preciso facilitar, entre outros datos, a dirección do obrador, a autorización sanitaria para a elaboración e a vixencia da autorización responsable, así como unha declaración responsable do cumprimento do regulamento. A elaboración da tarta deberá axustarse á receita cedida por Santy Otero, propietario da Pastelería Santy (Santa Icía) ao Concello de Narón. A Tarta de Narón é unha marca rexistrada polo Concello naronés e ten un intenso sabor a noces, non leva glute (apta para celíacos). O enlace no que se poderá consultar o procedemento e tramitar a solicitude é: https://sedeelectronica.naron.es/siac/ProcedimientoTabs.aspx?tab=1&idProc=134&idnct=658&x=THGckTM/V5yZp2a3L00XmA. No caso da autorización para a comercialización, a solicitude irá acompañada, entre outros datos, dunha dirección do punto de venda, unha autorización sanitaria para a comercialización, a vixencia da autorización sanitaria e o obradoiro elaborador da mesma. A embalaxe deste doce deberá cumprir os requisitos establecidos para a súa comercialización e os establecementos que a vendan estarán debidamente identificados. O uso da marca “Tarta de Narón” está suxeito a un regulamento municipal e ao cumprimento dun manual corporativo na súa comercialización que se aprobou no pleno do pasado mes de maio. Neste caso, o enlace onde a partir do luns estará toda a información do procedemento e se poderá tramitar a solicitude é o seguinte: https://sedeelectronica.naron.es/siac/ProcedimientoTabs.aspx?tab=1&idProc=135&idnct=659&x=KaInEgCyLLOF5f1l9iUhlw. A concelleira de Turismo destacou o feito de que a “Tarta de Narón” será “un excelente reclamo turístico desta cidade que servirá ademais como agasallo institucional e será a sobremesa típica desta cidade unha vez comece a comercializarse”, apuntou. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1204).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal