Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SEITURA 22 ORGANIZA DOUS OBRADOIROS PARA ENSINAR Á HOSTALERÍA E A ENTIDADES SOCIOCOMUNITARIAS A MEDIR A SÚA PEGADA DE CARBONO
O prazo de inscrición, de balde, nestas actividadades, orientadas a promover un consumo enerxético máis eficiente e xerar aforros, xa está aberto
Narón, 2 de outubro. Seitura 22 organiza a vindeira semana en Narón, en colaboración con Sanidad e Hostelería #PorElClima dous obradoiros gratuítos –un destinado a hostalería e outro para entidades sociocomunitarias e do terceiro sector de Ferrolterra, Eume, Ortegal, Miño e Vilarmaior- para promover prácticas máis sostibles e respectuosas co medio na súa actividade. As xornadas, para as que se abre o prazo de inscrición, céntranse concretamente no control e redución da pegada de carbono que xeran no seu día a día. A iniciativa, que se desenvolverá os días 10 (negocios hostaleiros) e 11 de outubro (organizacións sociais e do terceiro sector), en horario de 10 a 12 horas, no Centro de Formación Irmás Froilaz, do Concello de Narón, situado no polígono da Gándara, permitirá ás persoas participantes coñecer en que consiste o cálculo da pegada de carbono, é dicir, a totalidade de gases de efecto invernadoiro emitidos, de forma directa ou indirecta pola súa organización ou negocio (combustión de caldeiras e vehículos, electricidade...). E para facilitar o proceso, ofreceranse as pautas esenciais para que poidan facelo a través de ScopeCO2, unha ferramenta gratuíta para as asociacións, e que tamén teñen á súa disposición os profesionais adheridos a Hostelería #PorElClima. A finalidade última é contribuír a frear o cambio climático, aprendendo a ser máis eficiente nos consumos; ademais de xerar aforro económico, e dar un primeiro paso para acadar a correspondente certificación de pegada de carbono. Cada un dos obradoiros estará impartido por Pablo Barrenechea, director de acción climática de ECODES (Fundación Ecología y Desarrollo), e neles os/as asistentes que o desexen poden levar tres das facturas de consumo eléctrico dos seus locais para poder comezar a analizar como a súa actividade cotiá impacta no clima. Para participar na actividade, aberta a todas as asociacións sociocomunitarias e do terceiro sector, e a negocios de hostalería de Ferrolterra, Eume, Ortegal, Miño e Vilarmaior, cómpre anotarse con antelación, a través do correo electrónico seitura22@seitura22.gal. As prazas son limitadas. Os obradoiros enmárcanse no compromiso do grupo de desenvolvemento rural Seitura 22 de apoiar a incorporación, especialmente por parte das PEMES e das entidades, de sistemas e equipamentos que faciliten unha xestión máis eficiente da actividade, prestando especial atención á redución da súa pegada ecolóxica, á promoción da eficiencia enerxética ou á incorporación de prácticas de economía circular.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal