Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A ACTIVIDADE "BIOTECNÓLOGOS RESOLVEN UN CRIME NA BIBLIOTECA"
O prazo de inscrición nesta proposta, dirixida a persoas de todas as idades, abrirase mañá pola tarde, tal e como indicou a edil Olga Ameneiro
Narón, 2 de outubro de 2023. “Biotecnólogos resolven un crime na Biblioteca” é o título da actividade que se desenvolverá este sábado, día 7, nas instalacións da Biblioteca municipal. A edil responsable da área, Olga Ameneiro, explicou que se trata dunha proposta dirixida a menores a partir de 8 anos, mocidade e persoas adultas que poderán inscribirse a partir de mañá ás 16.00 horas nas citadas instalacións de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. As persoas participantes terán que descubrir quen é o autor ou autora do roubo dun valioso manuscrito na Biblioteca e para iso deberán ter moi en conta os restos biolóxicos do ladrón. Con esa finalidade terán que extraer ADN das mostras e compáralo co das persoas sospeitosas do furto. A cita dará comezo ás 11.00 horas e os asistentes axudaranse de material de cociña para resolver o crime, ao tempo que aprenderán xunto co responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega Manuel Vicente que é a biotecnoloxía. Para poder participar é preciso ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa “Ler conta moito”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal