Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DA PLATAFORMA CEMIT SOBRE "APLICACIÓNS INFORMÁTICAS LIBREOFFICE WRITER E CALC" E "CANVA"
O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, recordou que as accións formativas se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 2 de outubro de 2023. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, informou da apertura do prazo, hoxe, de dous cursos da plataforma Cemit, que se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia. “Aplicacións informáticas LibreOffice Writer e Calc” e “Deseño gráfico con Canva” son as dúas accións que se impartirán entre os meses de outubro e novembro deste ano e para as que se ofertan doce prazas para cada unha, tal e como indicou. “Aplicacións informáticas LibreOffice Writer e Calc” é un curso de 100 horas no que o alumnado recibirá formación sobre ferramentas ofimáticas dos diversos paquetes: Writer, Calc, Base, Impress.. entre outras. As clases terán lugar en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 dende o 25 deste mes ata o 30 de novembro. As persoas interesadas en asistir deben anotarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/43002. Na acción de “Deseño gráfico con Canva”, de 40 horas, os contidos a abordar son: edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, de infografías, de menú para restaurante/cafetería, de cabeceira para YouTube, de miniatura ou Thumbanail para vídeos de YouTube, dun póster e tamén de publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais. Neste caso o curso impartirase entre as 16.00 e as 20.00 horas dende o 25 de outubro ata o 8 de novembro. As inscricións realízanse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/43000.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal