Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO "CINE ETERNO" CONTINÚA MAÑÁ NO PAZO COA PROXECCIÓN DA PELÍCULA "EL APARTAMENTO", DE BILLY WILDER
As proxeccións deste ciclo continuarán cada mércores deste mes, con entrada de balde, ás 20.00 horas
Narón, 3 de outubro de 2023. O Pazo da Cultura acollerá mañá a terceira das seis proxeccións programadas con motivo do ciclo “Cine eterno, películas que fixeron historia”, impulsado polo Cineclube Serie B en colaboración co Padroado da Cultura e da Federación de Cineclubes de Galicia. Esta semana poderase ver ás 20.00 horas o filme “El apartamento”, de Billy Wilder. O protagonista desta película é o empregado dunha compañía de Manhattan, solteiro e que presta o seu apartamento aos seus superiores para as súas citas amorosas, coa esperanza de que eles lle correspondan para mellorar a súa situación laboral. Será unha muller, amante dun dos xefes, a que fará que a situación experimente un cambio radical nesta historia. A vindeira cita será o 11 de outubro, cando se proxectará “El golpe”, de George Roy (1973), e o ciclo continuará o día 18 con “La vida de Bryan”, de Terry Jones (1979), para rematar o 25 deste mes coa película “Lost in translation”, de Sofía Coppola (2003). A entrada a este ciclo de cine é de balde.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal