Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XIX CERTAME DE HABANERAS DE NARÓN"
O Padroado da Cultura colabora coa Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, na organización desta convocatoria
Narón, 3 de outubro de 2023. O Padroado da Cultura de Narón colabora un ano máis coa Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, na organización do Certame de Habaneras de Narón. A cita, que alcanza este ano a súa vixésimo novena edición, terá lugar o vindeiro sábado, día 7, nas instalacións do Auditorio municipal, a partir das 18.00 horas. As formacións corais que actuarán nesta edición serán as de Endesa (As Pontes), Virxe do Mar (Cedeira), Airiños de Caranza (Ferrol), Trasdeza (Silleda) e Areosa (Narón). A entrada ao certame é de balde, podendo asistir todas as persoas que o desexen ata completar o aforo do Auditorio municipal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal