Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA "LA COMEDIA DE LOS ERRORES" E O ESPECTÁCULO DE DANZA "NATANAM"
As entradas para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 4 de outubro de 2023. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos da programación do Padroado para o último trimestre do ano. A primeira das citas será este sábado, día 7, cando se poderá ver a peza “La comedia de los errores” (20.00 horas), de algo máis de hora e media de duración. Na xornada do domingo 8 será o turno da danza contemporánea, co espectáculo “Natanam” (18.00 horas), de case unha hora. “La comedia de los errores” é unha proposta que xorde en torno a que é a verdade, comezando cunha sentenza de morte para a continuación convertirse todo nunha festa por erro. Actores como Pepón Nieto, Fele Martínez ou Víctor Clavijo forman parte do elenco desta peza, dirixida a público adulto e que é unha coprodución do Festival de Mérida, Mixtolobo e Pentación Espectáculos. A segunda das propostas desta fin de semana é “Natanam”, da compañía DA. TE Danza, un espectáculo de danza contemporánea con dous amigos como intérpretes, Raúl Durán e María José Casado, que se atopan nunha sala de xogos e reflexionan sobre onde van as cousas que desaparecen, conversando sobre o mundo e as persoas. A peza diríxese á primeira infancia (a partir de 6 meses) e público familiar. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal