Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E O CINECLUBE SERIE B PROXECTAN MAÑÁ NO PAZO A PELÍCULA "EL GOLPE"
As proxeccións, con entrada de balde, dan comezo ás 20.00 horas
Narón, 10 de outubro de 2023. O ciclo “Cine eterno”, sobre películas que fixeron historia, continúa mañá no Pazo da Cultura, onde se proxectará “El golpe”, de George Roy (1973). As persoas que desexen acudir poden facelo ás 20.00 horas, con entrada de balde, ao igual que o resto de filmes proxectados no marco desta iniciativa impulsada a través do Padroado da Cultura, o Cineclube Serie B e a Federación de Cineclubes de Galicia. “El golpe” é unha película protagonizada por dous timadores que queren vengar a morte dun amigo, asasinado por un gángster. A historia, ambientada en Jolliet, (Illinois) no ano 1936, é unha sucesión de engaños sobre os que se vai desenvolvendo a trama. O ciclo, iniciado o pasado 20 de setembro, continuará desenvolvéndose ata finais deste mes, estando programadas as proxeccións de “La vida de Bryan”, de Terry Jones (1979) para o día 18 e “Lost in translation”, de Sofía Coppola (2003) para o 25, pechando este ciclo. Esta proposta ofrece a oportunidade de ver películas de diferentes épocas e xéneros, representando unha fórmula iniciada dende o Concello e o Cineclube Serie B para achegar a sétima arte á cidadanía totalmente de balde.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal