Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL FERROL, EUME E ORTEGAL
Marián Ferreiro e Félix Pena rubricaron un acordo económico e outro de cesión dun espazo municipal
Narón, 10 de outubro de 2023. A alcaldesa asinou hoxe no Concello, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, dous convenios de colaboración co presidente da entidade Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (Afaes-Porta Nova), Félix Pena. A rexedora local explicou que se trata dun acordo económico e outro para a cesión dun local no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, co fin de desenvolver parte das súas funcións nas citadas instalacións. A asociación disporá dun despacho no centro Irmás Froilaz un día á semana, os mércores, en horario de 8.00 a 14.00, para realizar entrevistas de orientación laboral a persoas do colectivo co que traballa. A maiores, poderá tamén facer uso, no caso de haber dispoñibilidade, das aulas do citado centro para levar a cabo obradoiros dirixidos tamén ao colectivo. Ferreiro e Pena rubricaron un acordo económico, por importe de 12.000 euros, en base ao que entre outras propostas se programan obradoiros de lá e costura para persoas con problemas de saúde mental. O presidente de Afaes agradeceu a colaboración do Concello, mantendo estes acordos que permiten á entidade desenvolver na cidade unha parte moi importante do seu labor. Pola súa banda, a alcaldesa da cidade aproveitou o acto para felicitar novamente á entidade polo seu labor día a día “cun colectivo, o das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias e coidadores/as, que precisan duns servizos e unha atención moi especializada”. Coa finalidade de colaborar, Ferreiro comprometeu o apoio do Consistorio coa entidade e recalcou a importancia de “ofrecer información e orientación ao colectivo co que traballades en particular e á cidadanía en xeral co fin de concienciar sobre o dereito á saúde mental de todas as persoas e a unha atención de saúde mental de calidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal