Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CATRO CONVENIOS EN MATERIA DE ENSINO E EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E NUTRICIÓN ESCOLAR POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 13.700 EUROS
Marián Ferreiro destacou o labor que desenvolven as ANPAS, os centros de ensino e a asociación Áurega con alumnado e familias da cidade
Narón, 11 de outubro de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente da ANPA do CEIP Ponte de Xuvia, José Antonio Fuentes, no que se contempla a continuidade do programa de educación para a saúde nutricional escolar, ofrecendo o servizo de almorzo entre as 7.30 e as 9.00 horas con menús axeitados ás idades dos menores. Así mesmo, Ferreiro asinou co presidente da Asociación Áurega, de familiares de nenos e nenas con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais, Marcos Antonio Castro, un convenio de colaboración para continuar desenvolvendo o programa Escola de Familias. En base ao mesmo convocaranse charlas, conferencias e coloquios con diferentes relatores co fin de proporcionar ás familias pautas e ferramentas de actuación para poder acompañalas no proceso educativo. Na sinatura deste acordo, ao igual que no da ANPA do CEIP Ponte de Xuvia, estivo presente a concelleira de Cooperación no Ensino, Olga Ameneiro. Esta mesma semana Ferreiro asinou tamén un convenio con María Belén Franco, directora do CEIP Piñeiros, en base ao que se impulsará a promoción de actividades educativas. Dende o centro levaranse a cabo, como complemento do curso escolar, actividades de interese comunitario dirixidas ás nenas e nenos nos parques e áreas medioambientais de Narón e tamén nas citadas instalacións educativas. Ferreiro rubricou tamén co responsable da ANPA Galatea, do colexio plurilingüe Virxe do Mar, Rubén López, un convenio en materia de acción social e educación para a saúde nutricional-escolar. A través deste acordo a ANPA manterá a actividade de comedor escolar de almorzos durante un ano, cumprindo unha serie de obxectivos, como mellorar a nutrición infantil en idades de 3 a 12 anos nos períodos matutinos, crear hábitos de hixiene buco-dental e de inxesrtión de menús de almorzos equilibrados, conciliación da vida familiar e laboral… O servizo ofrécese en horario de 7.30 a 9.00 horas. A alcaldesa da cidade destacou o traballo que realizan cada unha das entidades, incidindo no feito de que “resultan fundamentais de cara a ofrecer á cidadanía unha serie de servizos e ferramentas moi necesarias no día a día, como neste caso os comedores escolares, que favorecen a conciliación, as actividades educativas e os recursos que a asociación Áurega pon a disposición das familias de menores con altas capacidades”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal