Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A NARONESA MARÍA ISABEL RAMOS PRESENTARÁ MAÑÁ NA BIBLIOTECA O SEU LIBRO "EL SECRETO DE ANDREA"
O acto terá lugar ás 18.30 horas na sala multiusos da planta soto, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro
Narón, 17 de outubro de 2023. A escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo presentará mañá na Biblioteca o seu libro “El secreto de Andrea”, nun acto que dará comezo ás 18.30 horas na sala multiusos da planta soto das citadas instalacións, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro. O acto é aberto á participación do público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala. O xornalista Xosé Gómez Fandiño acompañará á autora no acto de presentación. O grupo editorial Círculo Rojo edita esta publicación, protagonizada por unha muller, Paula, que vai vivir a unha aldea galega para coidar á súa avoa, deixando o seu traballo como organizadora de eventos. O regreso á aldea de Andrea, unha veciña, fará que regresen ao lugar os segredos e as rencillas a través dunha serie de acontecementos que farán que saian á luz unha serie de segredos e que Paula descubra que a aldea non é o lugar tan apacible que ela pensaba. “El secreto de Andrea” é o segundo libro de María Isabel Ramos, que o pasado ano presentou “Hasta el infinito y más allá”, a súa primeira publicación. As persoas que o desexen poderán adquirir ese mesmo día a nova obra da autora naronesa.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal