Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROHIBE AS ACTIVIDADES EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E RECINTOS MUNICIPAIS E MANTÉN OS PARQUES PECHADOS DEBIDO AO TEMPORAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un bando informativo tras unha xuntanza mantida hoxe con responsables de varias áreas
Narón, 3 de novembro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou un bando no que se informa da aplicación dunha serie de medidas ante o aviso de alerta emitido pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior pola concatenación de varios episodios meteorolóxicos adversos coa borrasca Domingos, a cuarta desta tempada. Ferreiro mantivo unha xuntanza a primeira hora da mañá co concelleiro delegado de Seguridade Cidadá, José Oreona, responsables da Policía Local, o SPEIS e a área de Servizos, acordando na mesma aplicar unha serie de medidas que estarán en vigor dende as 23.00 horas de hoxe venres ata as 23.59 horas de mañá sábado. Entre as medidas figuran a continuidade no peche das instalacións deportivas municipais ao aire libre, a suspensión de todas as actividades ao aire libre, en recintos pechados, instalacións deportivas, locais sociais, Pazo da Cultura, Auditorio municipal, Biblioteca… e o peche das zonas públicas, parques, zona do paseo marítimo. Así mesmo, nas instalacións temporais, o titular da preceptiva autorización municipal deberá adoptar as medidas de seguridade necesarias para evitar accidentes. Dende o Consistorio, a través do bando, establécense ademais unha serie de recomendacións, como evitar as actividades no exterior e os desprazamentos, non empregar vehículos lixeiros, afastarse de árbores, paneis publicitarios…
Descarga de archivos
Bando
Tamaño:59,26 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal