Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 2.000 ESCOLARES ACUDEN ESTA SEMANA ÁS REPRESENTACIÓNS DA 39ª MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL
O Padroado da Cultura organiza a convocatoria en colaboración coa Deputación da Coruña
Narón, 21 de novembro de 2023. Un total de 2.198 escolares asisten esta semana ás representacións programadas a través da 39ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil no Pazo da Cultura. Dende onte e ata mañá as alumnas e alumnos de primeiro a cuarto de Primaria centros de ensino de Narón, Ferrol, Mugardos, Neda, Fene e Ares poden ver a obra “Ándale!!! Buen apetito!!!”, da compañía galega Ghazafelhos. O Padroado da Cultura e a Deputación da Coruña organizan esta convocatoria, iniciada a comesos deste mes co fin de achegar o teatro ao ámbito do ensino. As representacións tamén se programaron no Auditorio municipal e nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), ao igual que se fixo en convocatorias anteriores. Un total de cinco compañías, maioritariamente galegas, encárganse de representar outras tantas obras, descentralizando a cultura e ofrecendo aos escolares a posibilidade de acudir a unha representación teatral. Ao remate da programación prevista para este ano preto de 7.000 escolares de Narón e comarca participarán nesta edición da MOTIX, tamén pensada para alumnas e alumnos de terceiro e cuarto da ESO, Bacharelato e Ciclos de centros de ensino de Narón e comarca.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal