Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS UN OBRADOIRO DE EMPAQUETADO DE AGASALLOS PARA DOAR AO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que se celebrará en horario de mañá e tarde e non precisa inscrición previa
Narón, 15 de decembro de 2023. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que o vindeiro luns, día 18, a Biblioteca acollerá un obradoiro de empaquetado de xoguetes que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. O Concello colabora un ano máis coa campaña de recollida de xoguetes para o CRS de Narón, sendo a Biblioteca un dos puntos establecidos na mesma para depositar xoguetes e onde tamén se seleccionan, clasifican e envolven libros que as nenas e nenos de familias vulnerables recibirán como agasallo de Reis xunto con algún xoguete. As persoas interesadas en participar no obradoiro de empaquetado poderán facelo en dúas quendas, unha de mañá, entre as 10:30 e as 12:30 horas, e outra de tarde, de 16:30 a 19:30 horas. A posible hora de entrada e saída, nestes intervalos horarios, é libre para cada persoa, non sendo preciso inscribirse previamente. O obradoiro está dirixido a persoas a partir de 16 anos, tal e como recordou a edil naronesa. A concelleira de Bibliotecas animou á veciñanza a participar nesta convocatoria “para colaborar cunha iniciativa solidaria a través da que axudaremos a que moitas nenas e nenos de Narón reciban un agasallo no día de Reis”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal